SanidadeÚltima hora

A área sanitaria ourensá insiste en que o “Distrito de Valdeorras ten garantido o servizo de Uvi Móbil”

Responde deste xeito ás declaracións feitas esta mañá en rolda de prensa por representantes socialistas valdeorreses

Exterior do Hospital Público de Valdeorras.

 

En resposta ás declaracións feitas en rolda de prensa polo PSdeG-PSOE de Valdeorras sobre a situación do Hospital do Barco, e máis en concreto do seu servizo de UVI móbil; a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco insiste en asegurar que o Distrito sanitario de Valdeorras “ten garantido o transporte medicalizado urxente (UVI Móbil)”.

Con respecto ao caso concreto da paciente á que se referían os representantes socialistas, a área sanitaria ourensá indica que “o traslado realizado onte, desde o Hospital Público de Valdeorras ao de Ourense seguiu o criterio da especialista responsable da paciente, que considerou non cumpría criterios de urxencia pero si de vixilancia médica para maior seguridade no desprazamento, como así se fixo (permaneceu en observación do S. de Urxencias e xa foi dada de alta a domicilio)”.

Segundo a xerencia da área, “Valdeorras ten garantido o persoal médico ou de enfermería necesario para acompañar a un paciente cando o seu estado o requira , é dicir dispón de profesionais que garantizan un transporte “medicalizado” ou de vixilancia intensiva (UVI móbil). De feito este mesmo ano procedeuse á ampliación do cadro de persoal enfermería, con dúas profesionais máis, escíficamente para realizar esta función, que antes viñan realizando, voluntariamente, de xeito retribuido un “pool” de enfermeiras do hospital, que decidiron deixar de facelo, ao igual que o grupo de facultativos de urxencias e PAC deste distrito sanitario, que este verán decidiron non continuar, polo que para garantir a dispoñibilidade de persoal médico para os transportes cóntase coa colaboración de facultativos do resto da Área Sanitaria e, por suposto, como sempre, co soporte do 061”.

Artigos relacionados

Back to top button