En portadaÚltima hora

A área sanitaria ourensá ten 415 casos de coronavirus, 7 deles seguen ingresados no Hospital de Valdeorras

No Hospital de Verín hai outros catro ingresados. Do total de positivos, 318 están a segumento a domicilio e 97 ingresados

 

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras os casos activos de coronavirus elévanse a 415, segundo a última actualización dada a coñecer dende a Consellería de Sanidade. Dese total, 318 permanecen a seguemento a domicilio e 97 ingresados.

No Hospital Universitario de Ourense hai 75 pacientes ingresados en planta e 10 en UCI. No Hospital de Valdeorras son 7 os pacientes ingresados en planta e no Hospital de Verín 4. En CO.SA.GA hai 1 paciente ingresado en UCI. “Os 11 pacientes ingresados na UCI son de prognóstico grave”, sinalan dende Sanidade

O total de casos rexistrados na provincia ascenden a 432. Con 9 altas e 8 falecementos.

2.925 casos infectados por coronavirus en Galicia

No referente a Galicia, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que, na última actualización, o número de casos de coronavirus ascende a 2.925, deles 639 son da área da Coruña, 244 da de Lugo, 415 da de Ourense, 324 da de Pontevedra, 681 da área de Vigo, 480 da de Santiago, e 142 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 122 permanecen en UCI, 707 están en unidades de hospitalización e 2.096 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 153 altas de pacientes e 61 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 14.440.

Artigos relacionados

Back to top button