ConcellosO BarcoÚltima hora

A arqueóloga valdeorresa Julia Mayo dará unha conferencia no Barco o 22 de outubro

Julia Mayo, nunha escavación./ Foto: Fundación El Caño.

 

O próximo dia 22 de outubro, venres, ás 8 da tarde, a arqueóloga valdeorresa/panameña Julia Mayo Torné, recoñecida a nivel internacional polos seus descubrimentos en xacementos precolombinos en “O Caño” (Panamá) ofrecerá unha conferencia no Casino do Barco. Esta actividade enmárcarse “dentro do ciclo do 40º aniversario do Instituto de Estudos Valdeorreses (IEV)”, tal e como informa o seu presidente, Aurelio Blanco Trincado, quen considera “un luxo” poder contar con esta investigadora como conferenciante.

Julia Mayo é presidenta da Fundación El Caño, da que é secretario o seu irmán o doutor Carlos Mayo, outro prestixioso arqueólogo. Ambos están fincados en Panamá, nación na que naceu a súa nai.

Na súa intervención falará da súa experiencia e do que pode significar a riqueza arqueolóxica e a súa posta en valor.

Artigos relacionados

Back to top button