ConcellosEn portadaGalerías de fotosPetínÚltima horaVídeos

A arte apodérase das rúas de Petín no II MARCO

 

Dende esculturas en madeira ou metal ata lenzos de diversas técnicas e temáticas. Dende a tarde deste venres e ata o vindeiro domingo 15 de agosto as rúas de Petín serán unha galería de arte ao aire libre. A vila acolle, no marco do verán cultural programado polo Concello, a segunda edición da Mostra de Artistas da Comarca (MARCO), na que participan un total de nove creadores.

 

 

As súas obras están distribuídas por diferentes partes do casco vello petinés, seguindo un circuíto que se converte ademais en deseño do seu cartel promocional neste ano 2021. Entre os participantes na mostra están Carina, Lito (Alva), Conde e Torino, ademais tamén pode verse a obra de Jesús Díaz Ferrer (xa falecido) e de Xelo de Tremiñá. Completarán o circuíto desta edición os creadores Emma Traba, Alba Aizpuru e Roberto Álvarez.

MARCO poderá verse en horario de 20h. a 23 horas seguindo o protocolo Covid.

 

 

O II Marco, dende o punto de vista dalgúns dos artistas participantes

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Máis información e imaxes:
https://www.osil.info/a-mostra-de-artistas-da-comarca-que-se-celebra-en-petin-conquista-ao-publico/

Artigos relacionados

Back to top button