OurenseÚltima hora

A artesanía regresa á rúa do Paseo en Ourense

Un total de 16 casetas participan nesta XXIV edición da feira que se celebrará dende mañá ata o domingo, Día da Nai

 

Con moita ilusión volverán os artesáns á rúa para celebrar a súa feira, despois dun ano tan complicado para este sector.

Así, todo está preparado na rúa do Paseo coas 16 casetas que albergarán pezas de todo tipo para comprar, regalar ou simplemente admirar. Aínda que o inicio oficial é mañá, mércores 28, ao longo de hoxe os artesáns foron situando os seus produtos nunha feira que cumpre con todas as medidas sanitarias necesarias para previr contaxios, aínda que desde a organización apélase tamén á responsabilidade dos visitantes para poder desenvolvela con total seguridade, tal como aseguran dende a CEO.

Case a totalidade dos exhibidores son obradoiros de Galicia pois nesta ocasión só hai un que procede do País Vasco. Coiro, xoiería, bixutería, alimentación, téxtil, cerámica e artesanía floral compoñen a oferta de pezas entre as que seguramente os visitantes atopen múltiples opcións para regalar no Día da Nai. Precisamente o domingo, 2 de maio, será o último día da feira, que estará aberta en horario de 11 a 14 e de 17 a 21 horas.

anto a presidenta do gremio en Ourense, Olga Santos, como os participantes na exhibición mostrábanse ilusionados e con moitas ganas de volver realizar unha feira presencial, aínda que por impedimentos relacionados coa pandemia este ano hai que prescindir de inauguración oficial, así como das actividades na rúa e os obradoiros en directo.

Artigos relacionados

Back to top button