EconomíaEconomíaÚltima hora

A artesanía toma as rúas do casco vello de Trives os días 11 e 12 de agosto

Imaxe de postos da pasada edición desta mostra de artesanía en Trives./ Foto: A-C. A Caniceira.

Continúa a desenvolverse o programa da X Mostra de Patrimonio Inmaterial de Trives que promove a Asociación Cultural A Caniceira. Para a mañá do sábado 11 de agosto está prevista a apertura da mostra de artesanía cuns 40 postos de diferentes produtos que se estenderán polo casco antigo da vila. Poderán visitarse ao longo desta xornada e tamén do domingo 12 de agosto.

Ademais este sábado 11 de agosto celebrarase o cuarto campionato de billarda pola mañá e pola noite o concerto de Los Íñigos en torno ás doce na praza Doutor Paz.

Artigos relacionados

Back to top button