PolíticaÚltima hora

A asamblea do PSdeG aproba a candidatura ás municipais en Ourense

Boa parte dos novos da lista, liderada por José Ángel Vázquez, son novos
José Ángel Vázquez, candidato socialista ás municipais en Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.
José Ángel Vázquez, candidato socialista ás municipais en Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

A asemblea do PSdeG na cidade de Ourense aprobaba na tarde-noite do 20 de febreiro á candidatura coa que este partido político concurrirá ás eleccións municipais do vindeiro 24 de maio. A proposta da executiva local do partido saía adiante co respaldo do 97% da asemblea.

A lista aprobada está liderada polo actual concelleiro ourensán José Ángel Vázquez Barquero e presenta unha gran renovación. No segundo lugar da candidatura vai María del Carmen Rodríguez Dacosta, directora xeral de Recursos Humáns do Concello de Ourense, e no terceiro, José María García Tejerina. A lista continúa con Juana Ageitos Gude, acutal concelleira de Comercio e Infraestruturas; Javier Rey Rey, Concepción García Lozano, José Luis Regal Lamelo, María Belén Prada Ramos, Celso Campos Bastos, María Teresa L. Ansias Bacelar, o valdeorrés Rogelio Solarat López, María Dolores González Rodríguez, José Ángel Carreira Martín e Belinda Fernández Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button