SanidadeÚltima hora

A Asociación Auria celebra en Ourense o Día Mundial da Diabete

Instalaban, en colaboración coa Cruz Vermella, unha carpa na rúa do Paseo na mañá do 14 de novembro
O subdelegado do Goberno en Ourense, visitando a carpa instalada pola Asociación Diabética Auria en Ourense./ Foto cedida.

 

Con motivo da celebración do Día Mundial da Diabete, a Asociación Diabética Auria instalaba, en colaboración coa Cruz Vermella, unha carpa na rúa do Paseo na cidade de Ourense. Inaugurábase ás 12h. e por ela pasaban diversas autoridades como é o caso do subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso.

Nesta carpa os integrantes da Asociación Auria, xunto co voluntariado da Cruz Vermella, realizaron medicións de azucre no sangue, ademais de aportar información sobre esta enfermidade aos viandantes. Dende a asociación quixeron render homenaxe este ano ás familias das persoas afectadas pola diabete. Consideran fundamental o apoio e información sobre recursos á familia para que poidan contribuir ó apoio das persoas afectadas. Neste senso, o subdelegado do Goberno tamén cre esencial “dotar de información e recursos ás familias para poder outorgar o máximo apoio e atención ás persoas que padecen diabete”.

A partires das seis e media desta tarde, a asociación ten previsto realizar un paseo reivindicativo, “portando unha pancarta dende a mesma rúa do Paseo ata o Parque del Ribeiriño -xunto á ponte romana (iluminada de azul)-, onde lerán o manifesto do Día Mundial e realizarán unha solta de globos como peche da xornada”, segundo informan dende esta entidade.

Artigos relacionados

Back to top button