OurenseÚltima hora

Ábrese o prazo para a inscrición de voluntarios para cooperar na III edición do FIC Vía XIV de Verín

Asinarase un novo convenio coa Universidade de Santiago para contar con estudantes de Xornalismo e Comunicación Audiovisual intersados
Organizadores e voluntarios na gala de clausura da II edición do FIC de Verín.

Do 1 ao 9 de decembro celebrarase en Verín a treceira edición do Festival Internacional de Curtas Vía XIV que contará novamente coa colaboración de voluntarios para a súa posta en marcha.

Tal como adiantan dende a Asociación Cultural Audiovisual Vía XIV, encargada de por en marcha o certame, todo aquel que desexe cooperar na organización pode inscribirse a través da web do festival (ficviaxiv.com), cumprimentado un formulario específico que pode baixarse na pestaña voluntarios.

Ademais, está previsto que a asociación asine un novo convenio coa Universidade de Santiago de Compostela para contar con estudantes de Xornalismo e Comunicación Audiovisual interesados en participar. Estes alumnos realizarán, entre outras, tarefas de prensa, xestión de redes sociais, realización e produción audiovisual durante o evento.

Artigos relacionados

Back to top button