As antigas escolas desta localidade acollerán unha dobre sesión na tarde do 26 de decembro a cargo do Grupo de Teatro Candea de Viana do Bolo
Neste Nadal a Asociación Cultural O Mosteiro de Vilanova (O Barco) organizará unha dobre sesión de teatro con motivo destas datas. Propón celebralas cun sorriso xa que a partires das 17:30h. do 26 de decembro as antigas escolas de Vilanova (local climatizado) converteranse en escenario de dúas comedias a cargo do Grupo de Teatro Candea de Viana do Bolo (formado por sete integrantes): “O diñeiro bo compañeiro” en galego e “Los Vilachá” en castelán.
Dende a Asociación Cultural O Mosteiro a súa presidenta, Ángeles Pérez, convidan a asistir a esta representación, que terá entrada libre, e que rematará cunha chocolatada con churros para todos os asistentes.