CulturaCulturaÚltima hora

A Asociación Cultural Sabugueiro, da Rúa Vella, convoca o I Concurso de deseño de camisetas

O gañador darase a coñecer durante a celebración do magosto, o 26 de outubro

A Volta Ecolóxica é unha das actividades organizadas este verán dende a Asociación Sabugueiro. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Despois da organización das Festas de San Roque e diferentes propostas para o mes de agosto, dende a Asociación Cultural Sabugueiro, da Rúa Vella, están dispostos a continuar organizando actividades tanto culturais como de lecer para dinamizar a vila.

Pero iso require cartos, por iso buscaron unha boa forma de financiación na que tamén pretenden implicar á poboación, convocando o I Concurso de deseño de camisetas. “Buscamos un deseño orixinal vinculado con A Rúa Vella para a elaboración de camisetas que se comercializarán durante todo o ano 2020”, explican dende a asociación.

O deseño gañador darase a coñecer durante o Magosto 2019 que se celebrará o 26 de outubro, así como a través das redes sociais e correo electrónico. O premio será dúas entradas para vindeira edición da Festa da Empanada de Costrelas e unha camiseta.

Os orixinais hai que envialos por correo electrónico a: asociacionsabugueiro@hotmail.com

Artigos relacionados

Back to top button