ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A asociación de amas de casa O Teixadal do Barco inaugura o curso 2018/2019

Haberá clases de restauración e pintura, punto canario e baile, entres outras

Un ano máis, mediado o mes de outubro as amas de casa do Barco de Valdeorras inauguraban o curso, desta volta cunha contundente cea.

Tomates, costela e panceta á grella, patacas ao forno e doces, moitos doces caseiros (elaborados por Lina). Foi o menú que degustaron as asistentes á xuntanza na tarde do 18 de outubro, coma sempre no local social ubicado na Finca do Chao.

Alí é onde levan a cabo os cursos que se imparten cada ano e que xa comezaron esta semana: de restauración e pintura impartido por Lina Silva; de baile co profesor Manuel; e de punto canario impartido por Benancia Pérez. Ademais, no caso de que reúnan un grupo de xente interesada, tamén terán un de cestería a cargo de Ángel Álvarez de Santigoso.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button