OurenseÚltima hora

A Asociación de Amigos Vía Plata-Camiño Mozárabe Ourense renova directiva

José Luis Rodríguez repite como presidente por outros catro anos
Asistentes á asemblea da Asociación de Amigos Vía Plata.
Asistentes á asemblea da Asociación de Amigos Vía Plata.

José Luis Rodríguez Cid renova ao fronte da Asociación de Amigos da Vía Plata-Camiño Mozárabe Ourense. Así se decidía na asemblea xeral ordinaria e extraordinaria celebrada na tarde do 11 de marzo, na que entre os puntos do orde do día figuraba a elección de xunta directiva.

Conforme ao estpulado nos estatutos, a única candidatura presentada en tempo e forma foi a designada por unanimidade para dirixir as actividades así como a proxección desta asociación cultural, ao fronte da cal continuará José Luis Rodríguez Cid como presidente. Nesta nova etapa de catro anos acompañaran a Rordíguez Cid: Eligio Nieto Lama e José Antonio Quintas Vázquez, como vicepresidentes; José María Lamelo Sánchez, como secretario; Manuel Fernández Deben, como tesoureiro; e Óscar Sánchez Ruido, José Pavón Iglesias, José Emilio Rodríguez González, Celsa García Gómez, Albino Pérez Rodríguez, José Elías Mera Martínez, Vidal García Reguera, Eladino Ojea Vázquez, José Luis Bobillo de la Peña, Adriano Amorín Gómez, como vogais.

O presidente da asociación.
O presidente da asociación.

Ademais da elección de directiva, os asistentes á reunión trataron asemade outros puntos referidos a presupostos, contas, memoria de actividades e proxectos para este ano. Entre as propostas presentadas está a programación de andainas polo Camiño de Inverno e e Vía Prata-Camiño Mozárabe, ao longo do ano.

Artigos relacionados

Back to top button