EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A Asociación de CC.RR. Vitivinícolas Galegos define o programa de accións promocionais e formativas

Esta entidade, da que tamén forman parte as Indicacións Xeográficas dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, vén de reunirse na sede da D.O. Monterrei

Imaxe da reunión da Asociación de Consellos Reguladores Vitivinícolas Galegos e das IXP Augardantes e Licores Tradicionais de Galicia./ Cedida.

 

A sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei acollía o martes 30 de marzo unha sesión ordinaria da xunta directiva da Asociación dos Consellos Reguladores Vitivinícolas Galegos e das Indicacións Xeográficas dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, destinada a abordar as accións promocionais que levarán a cabo neste ano, así como todas as accións formativas que se prevén realizar durante este período.

Nesta xuntaza, na que estiveron presentes os presidentes dos CC. RR. vitivinícolas galegos e das I.X.P. Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (Juan Gil de Araújo, Juan Manuel Casares, José Manuel Rodríguez, José Luis García, José Antonio Feijóo e Lara Da Silva), tamén se abordaron cuestións relativas ao funcionamento interno da devandita asociación, creada no ano 2019, para o desenvolvemento do proxecto denominado ‘Plan de Promoción Internacional dos Viños e Augardentes Galegos amparados por denominación de orixe’ subscrita co Instituto Galego de Promoción de Empresas (IGAPE).

Esta asociación está conformada polas cinco denominacións vitivinícolas galegas (Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras) e Indicacións Xeográficas dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button