Galerías de fotosOurenseÚltima hora

A Asociación de Colleiteiros do Ribeiro celebra o seu 20 aniversario

Coa entrega dunha serie de premios e recoñecementos a diferentes persoas e organizacións celebraba o seu 20º aniverario a Asociación de Colleiteiros Embotelladores do Ribeiro. O acto tiña lugar na tarde do 6 de setembro no Edificio Afundación de Ourense coa presenza de diferentes representantes do mundo do viño e dos diferentes sectores económicos, empresariais e de diferentes administracións, entre os que estaba a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez.

Precisamente, unha das galardoadas nesta gala por parte da asociación, que preside Brais Iglesias, era a conselleira. Vázquez agradeceu a distinción e puxo en valor o papel dos colleiteiros, que definiu como “punto de partida da cadea de valor do noso viño”. Indicou ademais que en Galicia “temos o mellor produto, a mellor uva”, que se potencia cunha terra fértil e unha climatoloxía “case sempre amable”.

A conselleira destacou tamén o avance na internacionalización rexistrado polo sector galego en xeral e de maneira particular por esta denominación de orixe, vinculando este éxito co traballo dos máis de 5.752 viticultores da comarca e das súas 114 adegas, co apoio do Consello Regulador.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button