EconomíaÚltima horaViticultura

A Asociación de Colleiteiros Embotelladores do Ribeiro presentan o proxecto “Xuntas e Xuntos”

O obxectivo é o de vender a produción na canle da alimentación a través da rede Mercaproximidade

A Asociación de Colleiteiros Embotelladores do Ribeiro presentou o proxecto do viño “Xuntas e Xuntos”, cuxo obxectivo é comercializar a súa produción na canle de alimentación a través da rede Mercaproximidade. Ao acto tamén acudiu o director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez.

 

Durante a presentación.

 

“Os viños de Colleiteiro atópanse entre os máis premiados e apreciados polos consumidores, pero a situación de peche da hostelería amosounos que non son tan accesibles como pensabamos, ao non estar nos lineáis dos supermercados e grandes superficies. Con este proxecto pretendemos dar máis visibilidade aos nosos viños de Colleiteiro e achegar ao público o segmento de viños de calidade do Ribeiro”, afirman dende a asociación.

 

Artigos relacionados

Back to top button