EconomíaEconomíaÚltima hora

A Asociación de Empresarios da Raña aposta por seguir facendo medrar o polígono barquense

Os membros desta entidade celebraban a súa cea anual o 7 de xuño no Hotel Restaurante A Calzada de Arcos
Participantes na cea anual da Asociación de Empresarios do Polígono da Raña (O Barco)./ Foto cedida.

Boa parte dos membros da Asociación de Empresarios do Polígono da Raña do Barco participaban o pasado 7 de xuño na cea que esta entidade organiza anualmente. Neste encontro, que tiña lugar no Hotel Restaurante A Calzada de Arcos (Vilamartín), abordaban e debatían temas de relevancia para a asociación.

Dende esta organización aseguran que “todos os socios amosaron o seu sentir común por seguir facendo crecer o polígono e por unir as súas forzas convidando tamén a que os novos propietarios de parcelas e empresas situadas no parque se sumen a súa loita”.

“En palabras dos nosos socios: o noso parque industrial debería ser un referente en canto a comercio e industria para o oriente ourensán“, indican dende a asociación.

Artigos relacionados

Back to top button