OurenseÚltima horaVídeos

A Asociación de Escaladores Ourensáns colabora coa iniciativa solidaria “Portemos Todxs”

Trátase dunha campaña de micromecenazgo para loitar contra a fame das personas con poucos recursos

 

Un dos danos colaterais do coronavirus é a fame das persoas con poucos recursos económicos. E precisamente facerlle fronte é o obxectivo da iniciativa solidaria “Portemos todxs”, na que colabora a Asociación de Escaladores Ourensáns (Asesou). Un proxecto ao que xa se uniron máis de 230 actores da comunidade escaladora española: marcas, rocódromos, guías de montaña, deseñadores de presas, distribuidoras, reparadores de pés de gato, medios de comunicación especializados, asociaciones etc…

 

 

Tal como  explican dende Asesou, trátase dunha campaña de micromecenazgo que “en só 4 días conseguíu superar o obxectivo de conseguir 20.000 euros de axuda” e que continúa aberto para todas as persoas que queiran colaborar. “Os fondos recadados serán doados posteriormente á Federación de Bancos de Alimentos de España, en forma de alimentos de máxima necesidade, para o cal a compra farase directamente a pequenas empresas do sector alimentario, xerando así un dobre beneficio”, din dende a asociación de escaladores.

 

 

Quen queira colaborar pode facelo aportando a cantidade que crea necesaria, obtendo a cambio unha camiseta solidaria, a través da web:
https://www.gofundme.com/f/porteamos-todxs

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close