OurenseÚltima hora

A asociación de mascotas ourensás propón actividades durante o confinamento

Cada día organizan directos a través de Instagram con profesionais de diferentes ámbitos

 

Coa colaboración dos profesionais cos que traballan ao longo do ano, dende a Asociación de Propietarios de Mascotas de Ourense (APMOU) están levando a cabo unha serie de actividade, novidosas á par que interesantes para axudar, tanto aos humanos como aos seus animais de compañía, a ir superando cada día o confinamento.

“Levamos dúas semanas e temos por diante xa pechadas moitas máis, de  conexións en directo a través de Instagram, xeralmente polas tardes (sobre as seis)”, explican dende a asociación, asegurando que están tendo “moito éxito e interacción por parte dos nosos seguidores”.

 

 

Aseguran que que estas conversas con profesionais estanos axudando “non só a ter moitos coñecementos en distintos ámbitos, senón que ao contar con moitos seguidores de Latino América e Europa, coñecemos tamén de primeira man como se está vivindo esta situación en distintos países”. Ata o de agora contaron con educadores caninos, veterinarios, etólogos, terapeutas, especialistas en nutrición animal, terapeuta floral, comunicadora animal, policía local, psicóloga, escritor, etc.

Artigos relacionados

Back to top button