CulturaCulturaÚltima hora

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno a Santiago reúnese co xerente do Xacobeo

Na xuntanza valorouse a necesidade de establecer unha coordinación entre administracións para preparar o Xacobeo 2021

A sede do Xacobeo, en Santiago de Compostela, acollía este martes 8 de xaneiro unha reunión entre o xerente, Rafael Sánchez e parte da directiva da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno a Santiago.

O encontro, ao que acudía a presidenta do colectivo e alcaldesa de Ponferrada Gloria Fernández Merayo, servíu para “facer unha primeira presentación oficial diante do órgano xestor do Plan do Camiño de Santiago, transcurrindo “nun clima moi cordial de entendemento e traballo”, destacou a rexedora ponferradina.

A propia alcaldesa explica que un dos principais obxectivos da reunión centrouse na proposta de establecer unha colaboración entre a Xunta de Galicia e a Junta de Castela León para preparar o Xacobeo 2021, posto que o “Camino de Inverno ten unha gran potencialidade e unhas posibilidades de crecemento importantes”. De feito, o seguinte paso consistirá en solicitar unha reunión cos responsables de turismo de ambos Gobernos Autonómicos, “para dar a coñecer as necesidades e as actuacións que se poden desenvolverr; e para plantexar unha xestión coordinada entre as dúas Administracións, pois esta ruta de peregrinación pasa polas catro provincias galegas e pola comarca do Bierzo”, dixo Fernández Merayo.

Na reunión tamén participaron os edís dos concellos de Priaranza del Bierzo e Vedra, José Manuel Blanco e Carlos Martínez, e a concelleira de Turismo da capital berciana, María Antonia Gancedo.

 

Artigos relacionados

Back to top button