En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reúnese en Pantón

Entre os temas tratados está a solicitude dunha reunión cos presidentes da Xunta de Galicia e da Junta de Castela León

Representantes da maioría dos concellos que forman parte da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno creada hai algo máis dun ano (entre eles Vilamartín e O Barco de Valdeorras), reuníanse na mañá do 12 de decembro en Pantón (Lugo).

Na xuntanza, presidida pola presidenta e alcaldesa de Ponferrada Gloria Fernández Merayo, volveron poñerse sobre a mesa as propostas dos asistentes para poñer en marcha a asociación xa que “faltaba unha serie de temas burocráticos que por fin se solventaron así que agora xa estamos constituídos como asociación”, asegura o vicepresidente e alcalde de Vilamartín de Valdeorras, Enrique Álvarez Barreiro.

El mesmo explica que entre os temas tratados está a necesidade de que a asociación teña presenza en feiras turísticas, como Fitur, para dar a coñecer o Camiño de Inverno que “que é tan importante como pudo ser no seu momento o Francés”, dixo Enrique adiantando que na vindeira edición da feira en Madrid (igual que o ano pasado) a asociación estará presente no stand de Ponferrada “pero de cara ao futuro teremos que lograr un propio”.

Na reunión tamén se falou dunha ruta gastronómica polos distintos concellos emitida nun programa da televisión de Ponferrada e de distintas actuacións a nivel institucional. Entre elas está a solicitude de dunha reunión cos presidentes da Junta de Castela León e da Xunta de Galicia. “Vese que a xente está ilusionada e á marxe de cores políticas estabamos todos dacordo e respírase un ambiente bo, de camaradería, con boa intención pensando no ben de todos os veciños e veciñas porque, ao final, repercute en todos dalgunha maneira”, conclúe Álvarez Barreiro asegurando que levaban un tempo sen reunirse pero a partires de agora “teremos que facelo cada pouco para poñer enriba da mesa as inquedanzas de cada municipio”.

 

Artigos relacionados

Back to top button