DeportesÚltima hora

A Asociación de Xestores Deportivos de Galicia premia ao Concello do Barco

O municipio barquense recibe o galardón ao “mellor concello de menos de 15.000 habitantes”
Alcalde e concelleiros do Barco de Valdeorras na entrega de premios da Milla Urbana. /Foto: Carlos G. Hervella.
Alcalde e concelleiros do Barco de Valdeorras na entrega de premios da Milla Urbana. /Foto: Carlos G. Hervella.

Dende a Concellaría de Deportes do Concello do Barco de Valdeorras desenvólvense de xeito habitual unha gran variedade de actividades e eventos deportivos cos que se pretende “motivar/potenciar/fomentar a participación no deporte a toda a poboación en xeral”: Escolas Deportivas Municipais (EDM); actividades deportivas de outono-inverno e primavera-verán; exhibicións; eventos deportivos (Descenso Internacional do Sil, Milla Urbana, etc).

Unha variada e completa programación deportiva que levaba á entidade municipal a conseguir un dos galardóns concedidos pola Asociación de Xestores Deportivos de Galicia (AGAXEDE) á xestión deportiva. Trátase do premio ao “mellor concello de menos de 15.000 habitantes” que comparte co Concello de Castrelo de Miño.

AGAXEDE, promove dende 2010 os premios Galicia á xestión deportiva para distinguir ás persoas e entidades que destacaron pola súa contribución ao desenvolvemento e excelencia da xestión deportiva en Galicia.

O fallo da V edición estes premios, tiña lugar o pasado 7 de outubro trala reunión do xurado nas oficinas da asociación en Santa Cristina (A Coruña), dándose a coñecer os gañadores nas nove categorías: xestor deportivo, actividade ou programa deportivo, concello de menos de 15.000 habitantes, entidade pública, entidade privada, estudo ou innovación, patrocinio deportivo, xestión sostible no deporte e xestión deportiva de integración social.

Artigos relacionados

Back to top button