Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima horaVídeos

A Asociación Huellas de Cabrera percorre o Parque de Redes (Asturias)

Realizaban dúas xornadas de sendeirismo na pasada fin de semana

Publicidade

 

Ata o Parque Natural de Redes (Asturias) desprazabanse na pasada fin de semana os membros da Asociación Huellas de Cabrera co obxectivo de desfrutar de dúas xornadas de sendeirismo neste espectacular entorno.

Na primeira xornada o grupo comezaba a camiñar no porto de San Isidro ata o refuxio de Brañagallones (17 km), onde pernoctaba. “Neste percorrido desfrutamos do lago Ubales, de varias brañas e do fermosísimo bosque de faias de Redes, con varios exemplares centenarios”, contan os participantes.

 

 

Na derradeira xornada da marcha espertaban cunha mesta néboa “que nos deixou unhas bonitas imaxes dos cumios sobresaíndo nun mar de nubes. A medida que gañabamos altura sorprendeunos a tormenta que nos fixo modificar o percorrido inicial de ascender a Pena do Vento e tivemos que voltar a San Isidro para rematar un bo fin de semana”, conclúen os participantes nesta viaxe.

Fotos: Loispradaf

 

Brétema en Redes

https://youtube.com/shorts/TTs-UoTCFtw?feature=share

Artigos relacionados

Back to top button