Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

A Asociación Huellas del Cabrera estrea a tempada 2022 de rutas no Courel

 

Neste sábado 29 de xaneiro a Asociación Huellas del Cabrera iniciaba a tempada 2022 de rutas de senderismo na veciña comarca do Courel, na provincia de Lugo. A ruta escollida para empezar o ano partía de Seone do Caurel é tiña uns 13 km de percorrido, mesturando o interese natural deste entorno, que forma parte do Xeoparque Montañas do Courel, coa súa riqueza arqueolóxica.

“Dirixímonos primeiramente á Mina da Toca, que foi unha explotación romana a ceo aberto, na que os romanos conseguiron sacar unha boa cantidade de ouro, seguimos por uns marabillosos carrreiros nos soutos de castiñeiros ata acadar a vila de Esperante, a carón do río Lor, onde unicamente permanece en pé a capela de San Pedro”, explican os participantes na ruta.

Despois de ver algúns sequeiros de castañas, os camiñantes cruzaban de novo o río Lor para voltar a Seoane, punto de inicio e final desta fermosa ruta circular nun espléndido día de sol.

Fotos: Miguel Blanco é loispradaf

Artigos relacionados

Back to top button