DeportesÚltima hora

A Asociación Huellas del Cabrera, na travesía integral da Ribeira Sacra

Publicidade

 

Continúa o calendario de actividades da Asociación Huellas del Cabrera. Na pasada fin de semana os seus membros realizaban a 6ª e última etapa da travesía Integral pola Ribeira Sacra. O seu traxecto partía de Parada do Sil e chegata ata A Teixeira.

Trátase “dunha espectacular travesía que vai, principalmente, a carón da auga polo Canón do Sil. A primeira parte percorre uns soutos de castiñeiros con moitos exemplares centenarios entre Sardela e Entrambosríos. Pasamos por Rabacallos, a adega Ronsel do Sil, sempre por sendeiros moi preto do río Sil ata chegar a central de Regueiro”, explican dende Huellas del Cabrera.

 

 

O seguinte que vían os camiñantes era “a desembocadura do río Mao dende un miradoiro natural. Atravesamos a aldea de Barxacova para ir ás pasarelas do río Mao, que, suspendidas nun desfiladeiro impresionante, nos mostran dende o alto o canón do río Mao”.

Tras as pasarelas, a ruta continuaba por sendeiros entre viñedos que “nos mostran a chamada viticultura heroica que nos achegan á aldea da Teixeira onde finalizamos unha fermosa xornada primaveral completando esta integral a Ribeira Sacra”, conclúen os participantes.

Fotos: Loispradaf e Miguel López Blanco.

Artigos relacionados

Back to top button