ConcellosTrivesÚltima hora

A Asociación Os Labregos de Trives cancela a Xuntanza de Folións deste Entroido

Imaxe do Folión Os Labregos tocando na edición do 2020 da Xuntanza de Folións./ Foto: A.R.

 

Con gran tristura a Asociación Os Labregos de Trives vén de anunciar a cancelación da Xuntanza de Folións neste Entroido debido á situación sanitaria derivada da pandemia do Covid-19. Esta entidade cultural leva organizando este encontro dende hai xa 17 anos e nel acostuman participar, ademais dos folións triveses, outros como os de Manzaneda, Vilariño de Conso, Fradelo, Buxán, Petín, Vilamartín, A Veiga ou Carracedo da Serra.

“Vémonos na obriga de cancelar a xuntanza de folións que organizamos Os Labregos este Entroido. Foi unha decisión mói dura e triste de tomar, pero a situación actual de Covid-19 na que estamos inmersos e o que nos levou a tomala”, tal e como sinalan dende a directiva da Asociación

Artigos relacionados

Back to top button
Close