ConcellosEn portadaEntroido 2022TrivesÚltima hora

A Asociación Os Labregos de Trives recuperará a súa Xuntanza de Folións, pero con limitacións

Ronda do Folión Os Labregos por Trives, nun Entroido anterior./ Foto: A.R.

 

Logo da obrigada paréntese do 2021 debido á pandemia, a Asociación Os Labregos de Trives vén de anunciar que neste Entroido recupera a súa xuntanza de folións, pero cunha serie de limitacións para garantir a seguridade sanitaria.

Así este encontro estará pensado para os propios folións, fronte ao carácter público e aberto das outras edicións, para dese xeito evitar concentracións de xente. Terá un “carácter máis íntimo”, din dende a organización, que conta coa colaboración do Concello da Pobra de Trives.

A xuntanza está prevista para a tarde do vindeiro 20 de febreiro, contando cun percorrido diferente ao de anos anteriores. Nela acostumaban participar folións de diferentes puntos do oriente ourensán, se ben nestes momentos aínda non está concretada a participación final de asistentes. Por outra banda, nesta edición, tamén como medida preventiva, non se celebrará a tradicional merenda para agasallar aos membros dos folións participantes no desfile.

Artigos relacionados

Back to top button