OurenseÚltima hora

A Asociación Provincial de Protección Civil de Ourense asina un convenio de colaboración coa Xunta

Este acordo, que tamén se asinaba coas asociacións provinciais de Pontevedra, Coruña e Lugo; inclúe axudas para a realización de actividades de autoprotección e de formación do persoal voluntario do corpo, así como a organización e realización de operativos, exercicios e simulacros

A Xunta manterá a liña de colaboración nas accións de prevención, promoción, divulgación, información, formación e socorro en materia de Protección Civil na provincia. Así se reflicte no convenio de colaboración que se asinaba o 10 de abril entre a Administración galega e a Asociación Provincial de Protección Civil de Ourense, que preside Clemente Pérez.

Neste acto, celebrado en Santiago, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asinaba outros tres convenios de colaboración individualizados coas entidades de Protección Civil das provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra.

Inclúese ademais no convenio axudas para a realización de actividades de autoprotección e de formación do persoal voluntario do corpo, así como na organización e realización de operativos, exercicios e simulacros. Na mesma liña traballarase no desenvolvemento dos plans territoriais Protección Civil, participando activamente nas campañas planificadas pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior e colaborando cos parques de bombeiros locais ou comarcais e cos grupos de emerxencia supramunicipais “GES”.

Artigos relacionados

Back to top button