A partir das cinco da tarde deste domingo 8 de marzo comezaba a impartirse no adro (local social) da Igrexa de Santo Estevo da Rúa un obradoiro informativo centrado en como loitar contra a Vespa velutina.
Nesta acción formativa, promovida Asociación Sabugueiro, participaban Maribel García (apicultora de Miel Veiga Florida), Lois e Manolo (membros de Protección Civil de A Rúa) e a Asociación Sabugueiro. Os asistentes aprendían a distinguir esta especie invasora doutras avespas autóctonas, a identificar os seus niños e saber actuar cand se localiza algún.
Ademais a charla incluía unha parte práctica na que se amosaba como facer fabricar pequenas trampas caseiras e o porque da importancia destas datas do ano para poñelas. Os asisten realizaban ademais as súas propias trampas.
Fotos da galería: Mónica G. Bellver, agás as dúas últimas que son cedidas.