CulturaCulturaÚltima hora

A Asociación San Cristóbal, da Rúa, recupera a actividade cunha limpeza do Camiño de Inverno

Será o 4 de xuño para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente

 

Tras dous anos de parón absoluto pola situación sanitaria, a Asociación Sociocultural San Cristóbal da Rúa, volve neste 2022 con máis forza que nunca.

Tal como xa avanzou o alcade da Rúa, este ano retomarán actividades festivas tan exitosas coma o CarnaVrao, co desfile e a cea popular e tamén o CaViño, pero a primeira terá un forte carácter medioambiental.

Para o vindeiro sábado 4 de xuño, organizaron unha andaina de limpeza do Camiño de Inverno ao seu paso por Valdeorras con dous puntos de saída, un desde O Barco fronte ao Concello e outro desde Alvaredos, no límite coa provincia de Lugo. “Se alguén quere subir en coche a Alvaredos e facer o percorrido desde alí a asociación poñerá un vehículo ás 8:45 horas fronte ao Concello, sendo tamén o Concello da Rúa punto de reunión para quen nos queira alcanzar alí e ir ata Vilamartín polo Camiño de Inverno”, explican dende a organización que facilitará luvas e bolsas aos participantes que irán acompañados por membros de Protección Civil.

O punto de encontro para os que vaian dende os concellos da Rúa e O Barco será  Vilamartín de Valdeorras onde os participantes serán premiados con comida, bebida e música. Unha festa, amenizada por Danzalia Disco Móbil.

Hai prazas limitadas e as inscricións poden facerse ata o 31 de maio, na oficina de turismo da Rúa na oficina de turismo do Barco e no Concello.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button