ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Asociación Sociocultural San Cristóbal viste de Nadal os comercios da Rúa

Reparte orixinais pinos navideños coa mensaxe “Merca na Rúa” polos negocios da vila

A Rúa xa arrecende a Nadal. Despois do éxito acadado coas actividades de verán (dende a cea do CarnaVrao ata o desfile ou a procesión de coches clásicos), a Asociación Sociocultual San Cristóbal está metida de cheo na celebración destas tradicionais festas.

Para dar a benvida ao mes de decembro, o pasado sábado organizaban unha multitudinaria cea no Casino e hoxe percorrían as rúas achegando o Nadal aos comercios. Co obxectivo de captar socios cos que seguir traballando a prol do desenvolvemento económico e cultural da vila, así como dinamizar o sector comercio, na tarde do 4 de decembro membros da asociación montados na “Sancrisfurgo” e con música ambiente, repartían polos negocios da vila (comercios, restaurantes, bares,…) e entre os colaboradores, orixinais pinos navideños coa mensaxe “Merca na Rúa”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button