Galerías de fotosOurenseÚltima hora

A Asociación Tarabela organiza a súa primeira feira de artesanía en Parada de Sil

Un total de nove artesáns expoñían os seus produtos na praza de O Curtiñeiro desta localidade

Neste sábado 20 de xullo a Asociación Tarabela vén de organizar a súa primeira feira de artesanía en Parada de Sil. Celebrábase na praza de O Curtiñeiro coa participación de nove artesáns da zona que instalaban postos de venda cos seus diversos produtos: dende cintos e bolsos de coiro ata mel ou o licor café ou cerveza Icatú, de Parada de Sil, pasando polos xa afamados queridos de Touza Vella de Castro Caldelas, premio aword.

A feira foi moi concurrida tanto pola veciñanza como por numerosos turistas, moitos estranxeiros. O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, amosaba a súa satisfacción polo desenvolvemento do evento e agradecía a Tarabela o seu dispor por vir a esta localidade, confiando en que a feira poida repetirse.

“Pode ser un precedente”, manifestaba o rexedor, “para recuperar as tradicionais feiras do día cinco de cada mes, hoxe desaparecidas, agás pola presenza de dúas pulpeiras”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button