O Centro de Santa Lucía en Vilamartín convertíase un ano máis no escenario da asemblea xeral ordinaria da Asociación Valdeorresa de Apicultores que se celebraba na tarde deste sábado 29 de febreiro. No seu decurso a directiva daba conta da actividade da asociación ao longo do pasado exercicio e tamén se sometían a aprobación dos socios a memoria e as contas da entidade do 2019, así como o orzamento para o ano 2020.
Antes do turno de rogos e preguntas, o presidente da asociación Armando Rodríguez informaba da propagación da vespa velutina na comarca, asegurando que se capturaron centos de raíñas e destruíronse máis de cincuenta niños primarios e secundarios, facendo fincapé na necesidade de seguir “trampeando” e facer un seguemento das trampas.
Coma sempre a reunión remataba cunha pinchada no Restaurante Peyma da Rúa.
Fotos: Teodoro Suárez