ConcellosCulturaCulturaÚltima horaVilariño de Conso

A Asociación Xuntos polo Fulión de Vilariño de Conso anima a tocar o “fulión” na porta das casas

A entidade suspende todas as actividades presenciais do Entroido deste ano no municipio e adianta que prepara varios concursos, un deles virtual

Un dos folións do municipio de Vilariño de Conso nun Entroido anterior./ Foto: A.R.

 

Dende a Asociación Cultural Xuntos polo Fulión de Vilariño de Conso vén de anunciarse a suspensión de “todas as actividades presenciais no referente ao Entroido 2021”, algo que supón para a entidade “un gran desgusto, pero non queda outra saída ante a crítica situación sanitaria á que nos levou o Covid”.

Tamén explican que “nun primeiro momento estabamos a organizar algún tipo de festa para os nosos socios e veciños do noso concello, pero coas restricións que entraron en vigor o pasado 27 de xaneiro, vímonos obrigados a cambiar por outras alternativas, trátase de evitar a propagación do virus ante o feito de preservar a saúde, non hai nada ue nos bote atrás”.

Ademais a Asociación Cultural Xuntos polo Fulión adianta que están a preparar un concurso de disfraces virtual, outro concurso para que os veciños “se animen a decorar as súas casas coa temática do Entroido de Vilariño e animar á xente das aldeas para que saia á porta da casa e toque o fulión”.

Así mesmo, esta entidade lembra que non se debe “saír á rúa máis do necesario e que está prohibido reunirse con non conviventes para celebrar reunións e festas; pedimos responsabilidade individual”. Tamen amosa a súa esperanza e ilusión de “poder celebrar con máis ganas que nunca o Entroido do ano 2022”.

Artigos relacionados

Back to top button