DeportesÚltima hora

A atleta Eva Arias volta ao Adas

A vilamartinesa, cunha salientable traxectoria deportiva, regresa ao club no que entrou no atletismo
A atleta Eva Arias, de San Miguel de Outeiro (VIlamartín), na pasada Milla do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
A atleta Eva Arias, de San Miguel de Outeiro (VIlamartín), na pasada Milla do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Xa é oficial. Na nova tempada de atletismo a mediofondista Eva Arias competirá coas cores do Adas Proinor do Barco. Deste xeito, a vilamartinesa pecha unha longa etapa no Valencia Terra i Mar para regresar ao club no que debutou no mundo do atletismo. “É unha boa noticia, sobre todo agora que estamos nunha época de tratar de que volvan os atletas que están fóra”, asegura o presidente do Adas, Agustín González. Ademais adianta que o club ten previsto realizar unha presentación para dar a coñecer esta nova incorporación a mediados de novembro.

Eva Arias conta cunha destacada traxectoria no mundo do atletismo. Foi campiona de España promesa nos 1.500 metros no 2001 e 2002 e no 2002 tamién se conquistou a medalla de ouro ao aire libre. No 2005 conseguía nesa mesma distancia as medallas de prata en pista cuberta e de bronce ao aire libre nos nacionais. No 2006 repetía coa prata no Campioato de España e acudía ao europeo de Göteborg. En 2007 facíase co bronce nos Campionatos de España. É asemade unha asidua da Milla Urbana do Barco, na que atesoura seis vitorias.

Texto: Ángeles Rodríguez
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button