Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

A atleta Marta Domínguez reúnese co candidato do PP no Barco

Na súa visita á vila valdeorresa visitaba tamén as pistas de Calabagueiros
Moisés Blanco, intervindo na rolda de prensa./ Foto: Carlos G. Hervella.
Moisés Blanco, intervindo na rolda de prensa./ Foto: Carlos G. Hervella.

“O deporte é moi importante para os cidadáns, para a educación dos nenos e para a aprendizaxe dos maiores”, aseguraba a atleta palentina Marta Domínguez na rolda de prensa convocaba na oficina do candidato do PP no Barco o 4 de maio. Neste acto era presentada por Adrián Alonso, número nove da lista popular nas municipais, quen se refería a ela como “a mellor atleta da historia do noso país, ten unha traxectoria simplemente espectacular”.

A rolda de prensa tivo lugar na oficina do candidato do PP no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
A rolda de prensa tivo lugar na oficina do candidato do PP no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

De seguido tomaba a palabra, Moisés Blanco, candidato á alcaldía do Barco polo PP, para adiantar algúns dos eixos do seu programa en materia deportiva. “O PP leva un programa moi completo para o deporte, que ten que pasar por novas infraestruturas e para iso xa temos un compromiso económico”, dicía. Entre as súas propostas figuran a creación dunha pista de padel e a aposta polo deporte feminino, así como “impulsar o deporte como medida saudable” e facer un programa deportivo “máis preto dos cidadáns”.

Marta Domínguez, con membros do PP barquense./ Foto: Carlos G. Hervella.
Marta Domínguez, con membros do PP barquense./ Foto: Carlos G. Hervella.

Tras a rolda de prensa, os representantes do PP acompañaban a Marta Domínguez ata as pistas de Calabagueiros.

Artigos relacionados

Back to top button