DeportesÚltima hora

A atleta vilamartinesa Eva Arias, récord de España nos 2.000 m obstáculos W35

Así figura na listaxe de récords nacionais máster que facía pública a Federación Española de Atletismo
Eva Arias, tras unha proba./ Foto cedida.

A mellor marca española na proba dos 2.000 metros obstáculos W35 é valdeorresa. Así se confirma na listaxe feita pública pola Federación Española de Atletismo, na que Eva Arias Aira, de San Miguel de Outeiro (Vilamartín), aparece co título de récord de España na citada proba e categoría con 6:51.32. Lográbaa en Málaga a finais do pasado ano.

A atleta amósase moi satisfeita por este logro e pensa en novos retos para esta tempada.

Artigos relacionados

Back to top button