DeportesÚltima hora

A atleta vilamartinesa Eva Arias, sexta na Carreira Sant Silvestre do Masnou

Eva Arias durante a carreira./ Foto cedida.

 

Na primeira San Silvestre oficial confirmada en España competía o 26 de decembro a atleta vilamartinesa Eva Arias Aira, que viste as cores da Sociedade Ximnástica de Pontevedra. Tratábase da 41 edición da Carreira San Silvestre do Masnou, en terras catalás, cunha distancia de 5 km.

A valdeorresa lograba unha sexta posición cunha marca de 19’59 nesta cita incluída no calendario de ruta da Real Federación Española de Atletismo.

Ademais, Arias ten intención de competir o vindeiro 31 de decembro na Cursa dels Nassos en Barcelona, onde tratará de “facer de novo o récord galego M40 de 5 km en ruta”, adianta.

 

Artigos relacionados

Back to top button