ConcellosÚltima hora

A Aula CeMIT do Barco acollerá o exame da Xunta de competencias dixitais en ofimática

Estas probas terán lugar o vindeiro 14 de novembro ás 10 horas no citado centro, situado na segunda planta do edificio multiusos
Aula CeMIT do Barco./ Foto: A.R.

Entre os centros da rede CeMIT nos que se realizarán en novembro as probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática figura o do Barco, situado na segunda planta do edifico multiusos da vila.

Así pode verse no DOG nº 194 do 10 de outubro publica a orde pola que se convocan as citadas probas e a listaxe de centros onde se celebrarán, xunto cos horarios de realización. No caso do Barco terán lugar o 14 de novembro, ás 10 horas na citada aula.

As persoas que desexen participar nas probas presenciais deberán inscribirse a través de internet na páxina web de CeMIT cemit.xunta.gal. e, tal e como se recolle na base 4, poderán escoller unha única localidade, día e hora, sendo excluídos os que seleccionen máis dunha opción.

“Unha vez remate o prazo de preinscrición (o último día será o xoves, 18 de outubro inclusive), realizarase o sorteo público de extracción das letras para obter a orde de prelación por apelidos das persoas con dereito á matriculación. O resultado publicarase na web da rede CeMIT para a súa consulta pública (https://cemit.xunta.gal), e as persoas seleccionadas provisionalmente recibirán un correo electrónico coas instrucións para realizar o pagamento ou remitir a xustificación da súa exención”, segundo a información feita pública dende o Concello do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button