CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A Aula da UNED na Rúa acollerá en novembro un curso de manipulador de alimentos

Está recoñecido de interese sanitario pola Xunta e as sesións serán os venres de 16:30 a 20:30 horas constando en total 25 horas virtuales

Fachada da UNED na Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Aula da UNED Valdeorras ubicada na Rúa, acollerá no mes de novembro un curso de extensión universitaria sobre “Sistemas de control de seguridade, calidade e hixiene alimentaria e manipulador de alimentos”.

Consta de 25 horas lectivas das cales 20 serán virtuais e 5 de traballo a distancia para obter o diploma correspondente, un documento que será válido para acreditar a formación en manipulación de alimentos. As sesións impartiranse na tarde dos venres do mes de novembro, en horario de 16:30 a 20:30 horas e a matrícula ten un prezo de 35 euros.

“O feito de que este curso se imparta na modalidade online virtual, permite que os participantes poidan seguir en directo as sesións formativas ou recibilas posteriormente gravadas en diferido durante un tempo determinado”, explican dende UNED Valdeorras.

Reservarase un máximo de 6 prazas presenciais para aquelas persoas da zona de Valdeorras que por dificultades tecnolóxicas non poidan facer o curso de modo virtual (os matriculados recibirán días antes do comezo da actividade as instruccións de como conectarse á plataforma). Eses interesados teñen que poñerse en contacto coa aula Universitaria da UNED na Rúa en horario de tarde a través do teléfono: 988 33 60 38 para reservar a praza correspondente.

Este curso foi declarado de interese sanitario pola Xunta de Galicia-Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button