CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A Aula da UNED na Rúa acollerá un curso de mindfulness

As clases impartiranse o 30 de novembro de 17:30 a 20h. e o 1 de decembro de 10 a 12:30h.
Sede da UNED na Rúa.

O mindfulness, tamén chamado atención plena ou conciencia plena, consiste en “estar atento de maneira intencional ao que facemos, sen xulgar, apegarse ou rexeitar dalgunha forma a experiencia”. Trátase dunha práctica baseada no concepto de mindfulness ou conciencia plena da meditación budista, aínda que se aprende desprovisto de calquera compoñente ou terminoloxía oriental e relixiosa.

Quen desexe coñecer un pouco máis sobre esta práctica (ata un máximo de 18 persoas) poderá facelo no 2º curso Mindfulness: benestar e saúde, que se desenvolverá na Aula da UNED na Rúa os días 30 de novembro de 17:30 a 20h. e 1 de decembro de 10 ao 12:30h.

Ao longo do curso (5 horas presenciais), impartido por José Manuel López López, dilvulgador de meditación, abordarase a autorregulación dos pensamentos e as emocións, a conexión co presente, o manexo dos conflitos e o estrés, a respiración consciente, a meditación camiñando, a exploración do corpo e a atención plena na vida cotidiana. Para iso é imprescindible o uso de esterillas e roupa cómoda.

Artigos relacionados

Back to top button