OurenseÚltima hora

A Banda da Loba presentará este venres en Ourense o seu novo disco “Fábrica de Luz “

O concerto será no Auditorio a partir das oito e media da tarde e a entrada custará 6 euros

A Banda da Loba nun concerto no Barco de Valdeorras. /Foto: A.R.

 

As compañías de teatro Matarile e Sarabela presentan esta fin de semana, no Auditorio de Ourense, as súas propostas teatrais dirixidas ao público adulto e infantil, respectivamente. Será dentro dunha programación cultural que comeza o venres 14 de febreiro coa presentación do novo disco de A Banda da Loba.

Despois do éxito acadado co seu primeiro disco, Bailando as rúas (2017), a banda estradense presenta o seu segundo traballo Fábrica de Luz (2019), composto por doce cancións que prometen non deixar a ninguén indiferente. É un traballo de creación, reflexión e homenaxe en torno á idea de nai entendida nun sentido amplo. A lingua e a terra, son as primeiras nais, fábricas de luz. “As creadoras que nos precederon e as que nos acompañan nesta viaxe son tamén fábricas de luz. As nosas nais, as vosas nais, todas as nais son fábricas de luz. Son fogar, tempo e amor incondicional. Son poder, loita e memoria. Son todo o que nos permite ser hoxe tamén fábrica de luz”, explican dende a banda. O concerto será ás 20:30 horas e a entrada custará 6 euros.

O sábado 15 de febreiro á mesma hora, Matarile Teatro porá en escena a súa obra Daimon y la jodida lógica dirixida por Ana Vallés; e o domingo día 16 ás 12h. Sarabela Teatro representará a obra Proxecto Noé.

Artigos relacionados

Back to top button