CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

“A Banda das Apertas”, liderada polo rues Magín Blanco, en Verín o 25 de xullo

Magín Blanco e a Banda das Apertas nunha imaxe de arquivo. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

A praza da Mercé de Verín será escenario o vindeiro domingo 25 de xullo, ás 20h., do espectáculo infantil “A Banda das Apertas”. Nesta nova produción as músicas do creador rues Magín Blanco (acompañado polos músicos Jorge Juncal, Jerry Noia, Suso Lorenzo e María Faltri) conviven con outras coñecidas cancións que o público familiar recoñece e valora da historia da música contemporáneas, e que permitirán gozar en familia dun concerto, no que o público é parte do elenco: coreando, acompañando e sobre todo desfrutando con eta actuación.

Actuación organizada polo Concello de Verín, dentro do programa da Rede Galega de Teatros e Auditorios. A entrada é libre ata completar aforo.

 

Artigos relacionados

Back to top button