CulturaMúsicaÚltima hora

A banda de gaitas “Nova Era” actuará nunha actividade paralela do FIC Vía XIV de Verín

O festival busca poñer en valor o papel da música no cinema

A banda de gaitas “Nova Era”. / Foto: cedida.

 

O Festival Internacional de Curtas (FIC) Vía XIV de Verín programa unha actividade paralela a cargo de cinco membros da banda de gaitas “Nova Era”, que ofrecerán unha proposta musical orixinal alternativa para unha das curtas que se programen no certame. Con esta proposta a organización busca poñer en valor a música como elemento central da cinematografía. Segundo o director do festival, Carlos Montero, “preténdese facer fincapé en como a música pode axudar a transmitir as mensaxes presentes nas imaxes”.

A banda de gaitas nace no ano 2015 para dinamizar a vida musical de Monterrei, a través dun proxecto cultural dun grupo de mozos e mozas. Trátase dun conxunto de 45 músicos cun repertorio que varía dende a tradicional muiñeira ata o swing americano. Tras publicar no pasado nadal o seu primeiro álbum “Rumbo NE”, este ano “Nova Era” tocou en festivais de República Checa, Francia, Portugal e España.

Artigos relacionados

Back to top button