CulturaMúsicaÚltima hora

A banda de gaitas “Os Coribantes” actuará en Quiroga o 1 de agosto

O concerto será as 22:00h na praza de España

O grupo de música tradicional “Os Coribantes” visitará o concello lucense de Quiroga o vindeiro sábado, 1 de agosto. A actuación comezará ás 22:00h na praza de España e terá unha duración aproximada dunha hora. Co obxectivo de garantir a distancia de seguridade e o cumprimento das medidas sanitarias derivadas da pandemia do coronavirus, o Concello limitou o aforo a 200 persoas, que se sentarán en cadeiras ben separadas entre si.

A banda, procedente de Ponte Caldelas (Pontevedra), está formada por máis de 40 músicos que, ademais de gaitas, tamén tocan instrumentos de percusión, vento, corda, teclado e acordeón. Algunhas pezas tamén están acompañadas de voz. “Os Coribantes” teñen dous discos publicados: “Dende a Ialma”, dedicado aos vellos oficios e “Camiños”, que homenaxea aos emigrantes. Actualmente traballan no seu terceiro álbum, que sairá a finais deste ano.

 

Cartel promocional da actividade. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button