ConcellosÚltima hora

A Banda de Gaitas San Martiño cumpre 22 anos

O aniversario da agrupación tradicional abre as festas de verán de Quiroga
Membros da Banda de Gaitas San Martiño de Quiroga. /Foto: Carlos G. Hervella
Membros da Banda de Gaitas San Martiño de Quiroga. /Foto: Carlos G. Hervella

A Banda de Gaitas San Martiño de Quiroga está de aniversario. Nin máis nin menos que 22 anos cumpre a agrupación de música tradicional e para celebralo, mañá 7 de agosto a partires das dez da noite, organizarase un acto na praza de España, que contará coa actuación da propia banda, do grupo de danza San Martiño e do grupo de danza Arume da Queiruga. O acto está organizado pola Asociación Banda de Gaitas “San Martiño” de Quiroga en colaboración co Concello, e marcará o inicio das festas de verán que se estenderán ata o domingo 10 de agosto.

Tralo aniversario, a banda de gaitas fará tamén a alborada do venres día 8 ás 12h. e ás 20h. celebrarase o torneo Street Soccer no parque da Constitución. Nese mesmo punto terá lugar á partires das 21:30h. a IX Festa da Comunidade, animada polo dúo Fondo Tropical. E xa a partires das 00:30h. na zona dos pubs celebrarase a Festa da Xuventude con: David Prado, Belladonna Band, Maskarpone e + Iva.

Para o sábado día 9 de agosto, ás 13h. está previsto un concerto diante do Concello da Banda de Música de Rábade e Begonte, e xa pola tarde actividades deportivas e infantís. Pola noite, o baile correrá por conta da orquestra Fania Blanco Show que actuará en sesión de tarde e verbena. Entre medias, o concerto de Treixadura e Orfeón.

E pechando a programación, o domingo 10 de agosto, terá lugar a XXIII Mostra do Mel de Quiroga, alborada e concerto do grupo tradicional Xuventudes Musicais de Sober e teatro de rúa “Titiriteiros” a cargo de Títeres Viravolta. Pola tarde o espectáculo de animación infantil “Llilla e Fifo”, e baile co grupo Garibaldi e a orquestra Marbella.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button