CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

A Banda de Música Candea ameniza a sesión vermú do día da Asunción en Viana

A actuación tiña lugar na praza Maior da vila no marco das festas patronais

Un ano despois de actuar por primeria vez na praza Maior de Viana do Bolo no marco das festas patronais, a Banda de Música Candea volvía amenizar a sesión vermú dun dos días grandes. Así, o 15 de agosto e nun concurrido entorno, a banda, formada por instrumentistas de diferentes idades, poñía son e ritmo ao mediodía do día da Asunción.

Despois da procesión e misa na honra á Virxe, veciños e visitantes de Viana achegábanse ata a céntrica praza para asistir e aplaudir a actuación da banda que ofreceu un variado e festivo repertorio.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button