CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A Banda de Música de Sober actuará este ano no marco das Festas do Carme

Fará un pasarrúas o domingo 20 de setembro ás 12h. xunto á Banda de Música de Chantada

A Banda de Música de Sober durante a actuación do seu 150 aniversario./ Foto: Concello de Sober.

 

O panorama sanitario marcado polo coronavirus segue imposibilitando que as vilas celebren as súas festas patronais tal como o viñan facendo. Na localidade lucense de Sober non son alleos a esta situación, por iso dende o Concello prepararon unha programación cultural e relixiosa que substitúe ás tradicionais Festas do Carme previstas para esta fin de semana.

Haberá misa solemne os dous días, 19 e 20 de setembro, ás 13h. na Igrexa Nova, e tampouco faltarán a música e os espectáculos familiares na praza do Toural. O programa arrancará o sábado ás 12:30h. cunha sesión vermú a cargo da charanga NBA e continuará pola tarde cun “pequeno cabaret infantil” a cargo de Nelson Quinteiro (19h.) Ao día seguinte, domingo, tocaralle o turno ás bandas de música de Sober e Chantada que farán un pasarrúas a partir das 12h. Pola tarde, en torno ás sete, o espectáculo de maxia “Don Celati” con Dani García porá o broche a estas peculiares festas.

Para poder desfrutar do programa evitando posibles contaxios, o Goberno local de Sober lembra a importancia de seguir cumprindo coas normas hixiénico-sanitarias como gardar a distancia social, o lavado frecuente de mans e, sobre todo, o uso da máscara.

Artigos relacionados

Back to top button