CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A Banda de Música do Barco actuará nas festas de Trives

A formación que dirixe Manuel Prada dará un concerto ás 18:30h. do domingo 16 de setembro

 

Membros da Banda de Música do Barco dando un pasarrúas./ Foto: A.R.

 

Por vez primeira o son da Banda de Música do Barco poderá escoitarse en Trives. Esta formación, da que forman parte varios instrumentistas triveses, actuará o vindeiro 16 de setembro no marco das Festas do Cristo e da Dolorosa.

A banda, que dirixe Manuel Prada Ramos, dará xa ás 10:30h. un pasarrúas pola vila na mañá do domingo. Despois, ás 12:30h. acompañará á procesión da Dolorosa e pola tarde, ás 18:30h. ofrecerá un concerto no que os triveses e visitantes poderán desfrutar do seu variado repertorio.

 

Imaxe dun recente concerto da Banda de Música do Barco./ Foto: A.R.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button