ConcellosÚltima hora

A Banda de Música do Barco actuará no “Aquí Galicia” o 19 de xaneiro

Este programa da televisión galega emitirase a partires das catro da tarde dende o campo da festa desta localidade
Actuación da Banda de Música do Barco actuando nun programa anterior do “Aquí Galicia”.

Por terceira vez, a Banda de Música do Barco tocará sobre o escenario do programa “Aquí Galicia”. Este magacín da televisión galega emitirase a partires das catro da tarde do sábado 19 de xaneiro dende O Barco, en concreto dende o campo da festa (no Malecón).

A Banda de Música do Barco, que dirixe Manuel Prada Ramos, interpretará dúas pezas “No llores por mí Argentina” e “Moliendo café”. A primeira das súas actuación podería ter lugar sobre as 18h.

A emisión deste programa enmárcarse nos actos da Festa do Botelo, que mañá celebrará o seu día grande.

Artigos relacionados

Back to top button